A Sanidade ideal para os neoliberais é a que, fallidamente, se propuxo reformar Obama no seu primeiro mandato. Unha Sanidade carísima e socialmente ineficiente, pois deixa desamparadas a millóns de persoas. Unha Sanidade de dupla velocidade, unha para ricos e outra para o pobo.
O blog de Xosé Mexuto
terça-feira, 22 de maio de 2012
sábado, 19 de maio de 2012
Líder anti-déficit igual a líder en paro, débeda e recesión
Cun déficit público próximo dos dous díxitos nos EUA, Paul Krugman clama contra as políticas de Obama por as considerar excesivamente tépedas. Exixe keynesiano máis déficit, ou sexa, máis osixenación na economía privada desde o sector público. Por que un déficit do 4 por cento é mao e un déficit do 1,6 por cento é virtuoso? O déficit non pode ser visto como un fetiche, como un fin en si mesmo, senón como un instrumento. Que efeitos sociais e económicos produce ter un déficit do 4 por cento e que efeitos sociais e económicos produce ter un déficit do 1,6 por cento? Iso é o que nos temos que perguntar.
quinta-feira, 17 de maio de 2012
Non somos un País plenamente normal
Non somos un País plenamente normal: por iso aínda hoxe miles de persoas de diferente condición e adscrición ideolóxica temos que tomar as rúas para defendermos a nosa propria lingua. Defendela non de ningún ataque exterior (ben, dalgún ataque exterior tamén), senón do noso proprio Goberno, daquel que ten sido indixitado precisamente para tutelar os bens colectivos, e non hai ningún ben colectivo máis preciado, nin que nos explique mellor a todas e a todos nós, que a nosa lingua, aquela na que pensamos o mundo, aquela coa que o designamos.
terça-feira, 15 de maio de 2012
O PP non dá máis de si
A impotencia do PP perante a crise -expresada nestes 3 anos de Feijóo, nestes 4 meses de Rajoy- é produto da súa propia ideoloxía, que pon o funcionamento desrregulado dos mercados financeiros por enriba do ben e do mal, desde logo por enriba do ben xeral.
segunda-feira, 14 de maio de 2012
A Convención como redescuberta da política
Saín da Convención Nacional con novos azos. Imposíbel non contaxiarse da electricidade emocional do ambiente. Enorme entrega de todo o mundo. Todas e todos enchoupados da consciencia do importantísimo que resulta neste momento relanzar o proxecto do BNG para opormos unha alternativa seria, solvente, mais á vez ilusionante, ao PP. A Convención foi tamén para moita xente unha redescuberta da política como enerxía transformadora, xente veterana algunha, novísima e debutante outra, as novas afiliadas e afiliados aos que Guillerme tivo o acerto de situar no mapa, porque existen. Jorquera estivo espléndido nas formas e no fondo. Contido e presidencial cando fixo falta, vehemente e líder cando a ocasión o requeriu, esclarecedora á súa alusión á doutrina do shock. Estou tamén persoalmente moi orgulloso do traballo de toda a equipa de comunicación do BNG, velaí a nova web como testemuña desta intensísima Convención.
Ben, aquí estamos, aquí estamos para ficar, mais non para ficarmos estantíos, senón para avanzar. Para estarmos á altura do que agarda de nós o noso pobo. Onte demos un paso de xigante, un paso na boa dirección. Continuaremos. Seremos, como dixo Jorquera, o motor do cambio que a sociedade galega xa quer. E para canto antes.
terça-feira, 8 de maio de 2012
A man visíbel inxecta 10.000ME en Bankia
Os partidos burgueses practican a dupla moral que se corresponde coa clase social que os sustenta. Retoricamente contrarios a toda intervención pública, na práctica o Estado é central para eles. É un mecanismo básico, insubstituíbel, para que a acumulación de capital se materialice, en mans privadas, por suposto.
Os neoliberais disque adoran a Adam Smith, mais a súa man é ben visíbel e anda revolvendo nos petos de todos para levar os cartos aos bolsos da minoría. Con Rajoy na presidencia do Goberno, o Estado vai inxectar arredor de 10.000 millóns de euros en Bankia. Diñeiro que irá detraer doutras necesidades sociais. Diñeiro que encarecerá a prima de risco. Pensemos simplesmente que 10.000ME é máis do que o orzamento da Xunta de Galiza.
TRANSFERENCIA DE RENDA DOS CONTRIBUÍNTES Á BANCA
A xestión neoliberal da crise é un modelo de desbaldimento de recursos públicos e, o que é pior, de transferencia de renda, de riqueza, dos contribuíntes (na súa inmensa maioría, clase traballadora e pequenos empresarios), á banca. Desde que estourou a crise, socialdemócratas e conservadores -as dúas correntes do Partido Neoliberal Español- teñen inxectado na banca española, aquela que dicía Zapatero que era a máis solvente do orbe, a brutal cantidade de 115.000 millóns de euros. A cambio de que? A cambio de absolutamente nada. A banca privada continúa axindo exactamente igual que antes da crise: dedicada en exclusiva ás actividades especulativas, mentres a falta de crédito mata por inanición o tecido das pequenas e medianas empresas, que en Galiza constitúen o 90 por cento do aparato produtivo.
Esta política non nos leva máis que á hiperconcentración do capital e ao roubo masivo de recursos públicos por parte do capital financeiro. Hai que acabar con ela e xa. Un xornalista perguntou onte a Guillerme se se decataba de que, de se criar unha banca pública en Galiza, tal e como propón o BNG, o noso país se convertería no único que a tivese en todo o Estado. "E que os galegos sempre fomos moi valentes e vangardistas", veu contestar o portavoz nacional. Esa é a única saída: innovar, tocar outra partitura ben distinta, procurar camiños diferentes. Teimar nas mesmas políticas só nos conduce a agravar aínda máis o desastre. Por muito menos do que se ten desbaldido en transferencias ao sector bancario privado, o Estado, e Galiza, terían un potente sistema de banca pública e o crédito voltaría a fluir á economía real.

segunda-feira, 7 de maio de 2012
Europa, centro e periferia
Europa non é unha abstracción. É unha realidade material. Complexa, nada uniforme. Con centro e con periferia. Asimilala só aos seus Estados centrais, como se só as dinámicas destes puidesen mudar o curso da historia, vai contra a razón. Como irracionalista é identificar Europa -que até como conceito xeográfico é unha convención- só coa UE ou, aínda máis, só cos Estados da zona euro.
No século XX as grandes transformacións da historia non adviron dos Estados centrais (aí Marx errou nas súas predicións), senón de formacións sociais periféricas e atrasadas. Digo isto porque está ben ollarmos para París, mais sempre a condición de non perdermos de vista o que está a acontecer en Grecia, ese laboratorio de probas das políticas deflacionarias e depresoras que patrocina Bruxelas sob a estrita vixiancia do FMI.
VOLTARÁ LA GRANDEUR?
Pois ben, o que aconteceu en Franza, tal e como estaba previsto, é que o bloco social democrático, antifascista e contrario ás políticas de recortes votou contra a continuidade de Sarkozy. O sistema eleitoral francés é así: na segunda volta unha percentaxe nada desprecíbel do eleitorado (e decisiva) vota non o que prefire, senón o que menos detesta. Vótase polo mal menor. O exemplo paradigmático é o confronto Chirac-Le Pen, en que aquel superou o 80 por cento do voto como dique de conteción face a maré fascista.
Hollande é unha enorme incógnita. Teño a impresión de que na súa xestión vai pesar ben menos a súa adscrición ideolóxica (os socialdemócratas foron confesionais cos recortes no Estado español e en Grecia, en Madrid até pactaron levar o déficit cero á Constitución) como a súa condición de dirixente dunha potencia que ou se afirma ou ficará na práctica anexionada por Alemaña. Sarko nese sentido traizoou o mellor herdo de De Gaulle e deviu nun lacaio de Berlín. Iso e non outra cousa foi o que lle alleou parte dos apoios que en boa lóxica debería ter obtido do Front Nacional. A Hollande non lle queda outra que apelar a la grandeur ou o seu reinado será tan efémero como o do luisbonopartista cónxuxe de Carla Bruni.
EN GRECIA CAIU UN RÉXIME
En Grecia caiu un rexime. O bipartidismo proBerlín/Bruxelas recolleu menos do 33 por cento dos votos! A oposición polo de agora alicerzouse na negación do que hai, mais sen afirmar un programa alternativo cun mínimo de coherencia e consistencia parlamentaria. A irrupción fascista era inevitábel: en momentos de crise sistémica, sempre hai sectores sociais que sucumben ante a fascinación irracionalista, a que propón solucións tan simples como falsas: o problema está no estranxeiro. Esa fascinación quen a manexa por detrás son os grandes industriais e banqueiros (os que levantaron a Hitler e Mussolini) encantados con que as masas vaian ao fascismo e non opten pola revolución social. Os comunistas (que son un partido desacomplexadamente marxista leninista) avanzaron cun programa de construción socialista, mais aínda están lonxe de poderen nuclear un polo alternativo.
A Europa ultraliberal non dá máis de si. Tampouco en Galiza. Caíron xa Zapatero, Sócrates, Sarkozy, Papandreu, por traizoaren os seus eleitorados. Traballemos aquí porque caia tamén Feijóo. A periferia europea pode cambiar a historia.

Assinar:
Postagens (Atom)