Cae Portugal e cae pola aplicación do credo neoliberal, por políticas ditadas exclusivamente polos intereses do capital financeiro. Cae porque o Estado renunciou hai moito tempo a financiarse sobre a base dos impostos directos, porque son os máis xustos socialmente, e optou polo endebedamento e pola tributación indirecta. Cae nunha operación dirixida non a resgatar o pobo, senón a grande banca internacional acreedora. Cae, pero non caen todos á vez, os que realmente caen son os de abaixo -a xente traballadora-, se é que poden continuar caíndo. A oligarquía continuará a lucrarse. No Estado español tamén, que xa temos a MAFO pedindo que baixen aínda máis os salarios (a crise comezou precisamente pola redución do peso dos salarios medido en percentaxe do PIB).
Isto non pode continuar nin un minuto máis asi. Os neoliberais lévannos ao desastre social e económico. Hai que erguerse de vez frente a eles. Comeza a ser unha cuestión de supervivencia, se queremos continuar vivindo en condicións de certa dignidade.
0 comentários:
Postar um comentário