A esquerda patriótica portuguesa -PCP e Bloco-, a esquerda non contaminada polo proxecto neoliberal, recusou reunirse coa troika formada polo Fondo Monetario Internacional, a Comisión Europea e o Banco Central Europeu.
FMI-CE e BCE querían explicar a PCP e Bloco de Esquerda en que vai consistir o rescate de Portugal, léase, o rescate da grande banca internacional, en boa parte alemá, que emprestou cartos con xuros usureiros ao Estado, ás empresas e aos particulares portugueses.
Aceptar a tal reunión sería tanto como lexitimar o que de facto consiste na transmutación de Portugal de Estado soberano nunha sorte de protectorado do gran capital globalizado, todo abenzoado por esa superestrutura política chamada UE. Un protectorado que se traduciría na protección dos intereses das elites e na degradación das condicións de vida da inmensa maioría do pobo.
O secretario xeral do PCP, Jerónimo de Sousa, explica a posición dos comunistas portugueses neste vídeo:
Mentres, o coordenador do Bloco de Esquerda, Francisco Louça, fai o propio nesta entrevista:
O que veñen dicer PCP e Bloco de Esquerda é que nesta altura, e nas condicións da globalización, esquerda e defensa da soberanía nacional son sinónimos e que a saída da crise con xustiza social pasa incontornabelmente por reforzar o poder político nacional face as institucións das que se ten dotado o capitalismo neoliberal globalizado, sexa o FMI no ámbito mundial sexa a CE-BCE no espazo da UE.
Este discurso énos moi familiar aos que nas condicións de Galiza, nación tamén submetida a relacións de dependencia política e económica, defendemos o avanzo cara á conquista da soberanía nacional como condición previa para garantirmos o benestar e gañarmos o futuro.
0 comentários:
Postar um comentário