Entra con moita forza, razón, e dados, Vicenç Navarro no debate suscitado a raíz da apoloxía profascista contida no Dicionario Biográfico Español publicado pola Real Academia da Historia con fundos públicos. Sobre a natureza do franquismo, considerado pola RAH simplesmente como un rexime autoritario, Navarro non deixa marxe para a dúbida: defíneo como unha "ditadura terrorista e totalitaria", "responsábel polo maior número de asasinatos políticos que ocorrera nunca na historia" do Estado español. E vai alén diso: "Por cada asasinato político que cometeu Mussolini, Franco cometeu 10.000".
Vicenç Navarro denuncia que o PP nunca condenou "explicitamente e polo seu nome" esa monstrosa ditadura, perpetrada por unha minoría contra "a maioría das clases populares dos distintos pobos e nacións de España".
Estas opinións formúlaas o catedrático de Ciencias Políticas e Políticas Públicas da Universitat Pompeu Fabra neste artigo.
0 comentários:
Postar um comentário