terça-feira, 13 de dezembro de 2011

Coa embaixada galega en Madrid

Viaxo a Madrid na compaña de Guillerme para asistir á sesión constitutiva do Congreso dos Deputados. É para orgullármonos: nela participará unha representación xenuinamente galega, val dicer, unha embaixada da nosa nación, a conformada por Jorquera e Olaia. Sobre ela e sobre el descansará en exclusiva a defensa do noso país nun sentido amplo e, desde logo, tamén a defensa das súas maiorías sociais, dos sectores populares. A vontade de Galiza de ser e existir exprésase co respaldo ao Bloque Nacionalista Galego. Chamámoslle en campaña ao Bloque a selección galega. Houbo quen viu aí un matiz de sectarismo partidario. Nada diso: simples constatación dun feito obxectivo. Selección galega porque foron exclusivamente galeg@s os que participaron na súa escolla. E selección galega porque exclusivamente se deben ao pobo galego e teñen en Galiza o seu centro de decisión: ningún mando a distancia accionado quer desde Bruxelas quer desde Madrid  os dirixe.

Importa moitísimo exercermos a dignidade e a autoestima. Con Jorquera e Olaia, a voz da nación galega en Madrid, iso está ben máis que garantido.

0 comentários: